NORMATIVA OPEN 1º ANIVERSARIO DEZA PÁDEL

 

Open 1º Aniversario Deza Pádel é un torneo amateur de carácter aberto, que se disputará do 2 ao 4 de setembro nas instalación do Deza Pádel Center, nas categorías masculina (1ª, 2ª, 3ª e 4ª) e Feminina (3ª).

Partidos.

-         Os partidos disputaránse segundo o seguinte cronograma.

-         Venres, 2: A partires das 19.00 horas

-         Sábado, 3: A partires das 11.00 horas

-         Domingo, 4: A partires das 11.00 horas.

Primeira e Segunda Categoría:

·       Cadros mínimos de oito parellas

·       Non haberá cabezas de serie. O sorteo dos enfrontamentos faráse nas instalación do Deza Pádel  o día 30 de agosto as 23.00 horas.

·       Os encontros disputaránse o mellor de tres sets, segundo a normativa da FEP, con tae breack a sete xogos para desfacer o posible empate a seis.

·       Cada parella disputará alomenos dous encontros.

·       A consolación disputaráse o mellor de nove xogos, con “punto de ouro” en caso de empate a nove.

Terceria e Cuarta categoría Masculina e Terceira Feminina:

·       Haberá unha primeira fase de grupos, onde se disputarán partidos o mellor de nove xogos. En caso de empate, haberá un tae break a sete puntos.

·       En caso de empate,aplicaráse o seguinte criterio para desfacelo

1.    Resultado do enfrontamento directo se é entre duas parellas.

2.    Diferencia de xogos a favor i en contra.

·       A fase final disputaráse o mellor de tres sets, con tae breack a sete xogos para desfacer o posible empate a seis.

·       Cada parella disputará alomenos dous partidos.

 

PREMIOS

 

Primeira Categoría:

Campions: 400 EUROS / PARELLA

Subcampións: 200 EUROS / PARELLA

Campións consolación: Abonos WPT Galicia

Segunda Categoría:

Campións: Abonos WPT GALICIA

Subcampións: Material Deportivo

Campións consolación: Material Deportivo

Terceira Categoría:

Campións: Abonos WPT Galicia

Subcampións: Material Deportivo

Cuarta Categoría:
Campións: Abonos WPT Galicia

Subcampións: Material Deportivo

Terceria Feminina:
Campionas: Abonos WPT Galicia

Subcampionas: Material Deportivo